Benvid@!
Nacín en Marín (Pontevedra) e actualmente resido en Santiago de Compostela. Son un mago e ilusionista que combina maxia de cerca, maxia de gran formato cun toque de humor moi característico. Fago de cada espectáculo unha viveza única e con un éxito de afluencia de público garantizado.
Quen son?
Cando tiña só 11 anos descubrín a maxia grazas a un amigo dos meus pais que facia xogos de cartas na miña casa. Tempo despois empezo a facer as miñas propias actuacións. Nesa época realizo distintos cursos coas artes escénicas tales como mimo, teatro, improvisación teatral, clown…
No ano 2014 coñezo en Santiago de Compostela un novo circo na escola ‘circonove’. Alí entusiásmome polos malabares e as portes acrobáticas. Xunto a Sofía e Rober creamos un espectáculo de teatro na rúa onde comezamos a mezclar maxia, portes, baile, monicrques e os malabares. Tamén realizamos actuacións por toda a xeografía galega. Agora 15 anos despois, sego facendo o que máis me gusta que é ilusionar os máis pequenos e sorprender os máis grandes.
Que che podo ofrecer?
Eventos
Contamos con tres shows diferentes, adecuados para todo tipo de producións.
Cumpleanos
Alegramos e entretemos aos máis pequenos cos nosos trucos e malabares.
Festas
Proporcionamos humor, un rato agradable e animamos todo tipo de festas.
Festas infantís
Temos preparados moitos xogos de maxia nos que os nenos máis cativos serán os únicos protagonistas.
Festas para adultos
Personalizo a tua festa con infinitas opcións, a maxia tamén é para os maiores.
Escola de maxia
Trátase dun programa de educación e cultura. Un proxecto novedoso para iniciarse no mundo da maxia.